Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre as bases reguladoras da convocatoria de axudas a persoas con discapacidade física para gastos do transporte en taxi adaptado.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 107, do xoves día 10 de maio de 2012, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado, exercicio económico 2012, aprobadas por Decreto da alcaldía número 12003610, do día 2 de maio.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 11 de maio de 2012.

(Decreto da alcaldía n.º 60/2011, do 23 de xuño)
Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía