Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santa Comba

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle.

Aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 10, 11 e 12 do parque empresarial de Santa Comba.

O Pleno da Corporación municipal, en sesión que tivo lugar o día 26 de abril de 2012, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 10, 11 e 12 do parque empresarial de Santa Comba, de iniciativa privada, promovido por Xestur A Coruña, S.A., redactado por Manuel Fernández Rodríguez, e queda extinguida a suspensión de licenzas.

O obxecto, o texto e os planos que integran o estudo de detalle figura no anuncio estenso que se publicará no BOP.

O acto da dita aprobación definitiva á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, foille comunicado con data do 27 de abril de 2012, rexistro portelo único n.º 436, á vez que se lle dá traslado de copia autenticada do expediente completo así como de dous exemplares da dita actuación con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello.

Recursos: contra o acordo de aprobación, que é definitivo na vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, sen prexuízo doutros recursos a que houber lugar.

Todo isto en aplicación dos artigos 52 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, artigo 194 e concordantes do Real decreto 2568/1996, do 28 de novembro; artigos 58, 59 107, 109 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como os artigos 8, 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santa Comba, 27 de abril de 2012.

Antonio Manuel Landeira Gallardo
Alcalde