Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012 pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Sobral, no concello de Pontevedra, do que resulta como beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A. (expediente IN407A 2007/503-4).

A instalación denominada L.M.T., C.T., R.B.T. Sobral, no concello de Pontevedra, foi declarada de utilidade pública mediante Resolución do 10 abril de 2012, da Xefatura Territorial de Economía e Industria, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa Unión Fenosa Distribución, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 54.1 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 19 de xuño de 2012, a partir das 11.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do concello de Pontevedra.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na que se lle comunicará a data e a hora na que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Esta publicación servirá de comunicación para os titulares daqueles predios que figuran como descoñecidos ou se ignora o lugar de notificación, de acordo co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vigo, 9 de maio de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Vigo

L.M.T., C.T., R.B.T. Sobral (Pontevedra).

N.º

Nome e apelidos

N.º apoio

m2 apoio

1

Descoñecido

C.T.

14,78

2

Descoñecido

1

4