Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 11 de maio de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-01.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador S-P-01.12 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas dependencias do Servizo de Coordinación da Área Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra, e para presentar cantas alegacións, documentos ou información considere conveniente e, de ser o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretenda valerse.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

N.º de expediente: S-P-01.12.

Interesada: María Fernanda Grande Santos.

Último enderezo coñecido: Lorenzo de la Carrera, 2, 36300 Baiona.

Feitos imputados: instalación dunha máquina expendedora con substitución de carpintaría na planta baixa do inmoble sito na rúa Lorenzo da la Carrera, 2, no ámbito do Conxunto Histórico de Baiona, sen contar coa autorización previa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Tipificación: art. 91.h) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: art. 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.