Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 30 de maio de 2012 Páx. 20861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2011/96-2, 7933 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: Tabeiros Gestión Global de Inmuebles, S.L.

Domicilio social: Cantón Pequeño, 1, 15001 A Coruña.

Denominación: C.T. Regata e R.B.T.S. para alimentar en B.T. o edificio sito na avda. de Asturias n.º 11-13.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– C.T. Regata en edificio non prefabricado situado na avda de Asturias 11-13, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección de trafo, cunha potencia proxectada de 630 kVA, unha potencia inicial de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.S. con orixe no C.T. proxectado e final na B.T.V. do edificio que se vai electrificar en condutor tipo RV, cunha lonxitude de 20 metros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 8 de maio de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo