Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 14 de maio de 2012 polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes IN414B-2011-301 e IN414B-2011-502.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázanse as interesadas indicadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo n.º 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: IN414B-2012-301.

Interesada: Duran Radio, S.L.

Acto que se notifica: resolución de expediente de reintegro.

Expediente: IN414B-2012-502.

Interesada: Ferretería Gregorio, S.L. Maceda.

Acto que se notifica: requirimento de emenda.