Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 14 de maio de 2012, do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente número 27.001/12.

De conformidade co disposto no artígo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con dirección na rolda da Muralla, n.º 70 de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcurrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 14 de maio de 2012.

Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo de Lugo

ANEXO

Expediente: 27.001/12.

Interesado: Linjie Ye (Cosbeya).

NIF: X-4916871-T.

Acto notificado: Resolución de data 17 de abril de 2012.