Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO de información pública sobre apertura de nave para fabricación de estruturas metálicas.

Ramos Metal, S.L.U. solicitou desta alcaldía licenza para a apertura de nave para fabricación de estruturas metálicas, no Parque Empresarial de Quiroga, parcelas B1, B3, B5, B7, B9, B11, B13 e B15. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Quiroga, 12 de abril de 2012.

O concelleiro delegado