Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20643

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación da subministración de material eléctrico para este concello.

Por Decreto de Alcaldía do 8 de maio de 2012 aprobaronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expdte. 04/12).

2. Obxecto do contrato: subministración de material eléctrico.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 120.000 € (101.694,92 euros + 18.305,08 euros en concepto de IVE), cun prazo de execución de dous anos.

5. Garantías: garantía definitiva: non se exixe.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 8 de maio de 2012.

José Nelsón Santos Argibay
Alcalde