Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20645

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para actividade de almacén e venda de materiais de construción e oficinas.

Construniño, S.L., representada por Antonio Varela Cobas, solicita desta Alcaldía licenza municipal para unha actividade de almacén e venda de materiais de construción e oficinas en edificio de soto, planta baixa e alta, no lugar da Pantrigueira, s/n, Caleiro, cunha superficie 1.010,92 m².

Cúmprese o disposto polo punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a valoración da incidencia ambiental.

Sométese á información pública durante o período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación– as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Vilanova de Arousa, 27 de abril de 2012.

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde