Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de audiencia realizado como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Domingo González Barreiro.

Último enderezo coñecido: Oleiros n.º 2, Barcia de Mera, 36872 Covelo (Pontevedra).

Acto notificado:

Como consecuencia do recurso de alzada interposto por Francisco Barreiro Muñoz contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Barcia de Mera (Covelo-Pontevedra), poño no seu coñecemento que se propuxo a modificación que abaixo se cita e que afecta a vostede.

Indicámoslle que esta proposta non supón ningunha adquisición de dereitos, a está supeditada á correspondente resolución do recurso de alzada interposto.

Modificación que se propón:

1. Modificar a configuración xeométrica do predio n.º 38 do polígono 1 do acordo (do propietario n.º 471) que queda cunha superficie de 2.000 m2 e 63.925 puntos de valor.

2. En compensación, incrementar o predio n.º 178 do polígono 3 do acordo quedando para o propietario n.º 471 cunha superficie de 6.992 m2 e 438.670 puntos de valor.