Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o Acordo da zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesado: José César Conde Cid.

Último enderezo coñecido: r/ Feáns, 3 D, 5, porta A, Santiago de Compostela (A Coruña).

Acto notificado:

RESOLVO:

Desestimar o recurso de alzada interposto por Amadeo Salgado Cid (adquirente por poxa de propiedades correspondentes á propietaria 118, o que realizou despois da firmeza de bases), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín-Ourense).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que achen pertinente.

Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente.