Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria de Fanoi (Abadín-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesada: María Rey Eva González López.

Último enderezo coñecido: Francisco Villaespesa n.º 59-3.º B, 28017 Madrid.

Acto notificado:

Resolvo estimar o recurso de alzada interposto por María Rey Eva González López (propietaria n.º 287) e os irmáns Óscar e Alberto Vidal Díaz (propietarios n.º 218), contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Fanoi (Abadín-Lugo), no sentido seguinte:

Modificar a configuración do predio n.º 227 do polígono 2 do acordo, de Óscar Vidal Díaz e outro (propietarios n.º 218), que queda así cunha superficie de 19.606 m2 e un valor de 1.470.680 puntos.

Modificar a configuración do predio n.º 226 do polígono 2 do acordo, de M.ª Rey Eva González López (propietaria n.º 287), que queda así cunha superficie de 25.500 m2 e un valor de 2.040.500 puntos.

Gravar o predio n.º 226 do polígono 2, de M.ª Rey Eva González López (propietaria n.º 287), cunha servidume de paso de 4 metros de largo a favor do predio n.º 227 do polígono 2, de Óscar Vidal Díaz e outro (propietarios n.º 218).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que achen pertinente.

Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente.