Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da Braña (Baleira-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada interposto contra o acordo da zona de concentración parcelaria da Braña (Baleira-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.000 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: resolución do recurso de alzada contra o acordo de concentración.

Interesado: Ramón Menán López.

Último enderezo coñecido: Freira n.º 1, 27120 Castroverde, Lugo.

Acto notificado:

Resolvo estimar o recurso de alzada interposto por Enrique Val Carballedo (propietario n.º 84) , contra o acordo de concentración parcelaria da zona da Braña (Baleira-Lugo), no senso seguinte:

– Modificar a configuración xeométrica dos predios n.º 24, 25 e 26 do polígono 2 do acordo, de xeito que quedarían:

O predio n.º 24 do propietario n.º 83 (Jesús Trabada Trabada) cunha superficie de 48.017 m2 e 3.293.355 puntos de valor.

O predio n.º 25 do propietario n.º 55 (Ramón Menán López e outro) cunha superficie de 10.121 m2 e 574.010 puntos de valor.

O predio n.º 26 do propietario n.º 32 (Julia Escobar Cuenza e outro) cunha superficie de 53.164 m2 e 4.118.540 puntos de valor.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con sede na Coruña, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, e os artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que achen pertinente.

Notifíquese aos interesados segundo o establecido na lexislación vixente.