Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 29/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Ourense.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 52, do 14 de marzo de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 144.000,00 €, IVE incluído.

5. Formalización.

a) Data: 26 de abril de 2012.

b) Contratista: Limpiezas del Noroeste, S.A.U. (CIF A36621464).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 126.541,12 €, IVE incluído.

Ourense, 8 de maio de 2012.

P.D. (Orde 19.8.2009)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense