Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade ao inicio dun expediente de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos da comisión provincial do 3 de maio de 2012.

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados o expediente para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará a resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Lugo, 3 de maio de 2012.

José Jesús Ramos Ledo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado: Meira Gomes, Junior Dalvadisio. Rúa Eduardo Pondal, 8-4.º C, Foz (Lugo).

NIF: X8569217S.

Importe: 217,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa: 1.1: baixa no centro.

Interesada: Novoa Novoa, Marisa. Rúa Domingo Goas, 22-3.º A, Vilalba (Lugo).

NIF: 33558950-H.

Importe: 3.824,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa 1.1: baixa no centro.

Interesado: Suárez Maldonado, Daniel. Rúa Rafael de Vega, 4-2.º D, Lugo (Lugo).

NIF: 43557585-R.

Importe: 217,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa 1.1: baixa no centro.

Interesada: Tuchel, Madalina-Georgiana. Praza Catasol, 6-2.º I, Lugo (Lugo).

NIF: Y0007160K.

Importe: 2.825,00 €.

Curso: 2010-2011.

Causa 1.1: baixa no centro.