Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 29 de maio de 2012 Páx. 20607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2012/0046-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona, a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2012/0046-4.

Acta: I362012000002527.

Empresa: Talleres Brais, S.L.

NIF: B27734466.

Enderezo: lugar de Relva, Torneiros.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigo 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 23.4.2012.

Resolución: multa de 3.000 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 7 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo