Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20192

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no BOE do 16 de marzo de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA), que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

12

Prácticas externas

15

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

90

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulo

Contorna Legal

3

Obrigatorio

1.º

Contorna Empresarial

Contorna Económica

3

Obrigatorio

1.º

Ferramentas para a Xestión

6

Obrigatorio

1.º

Xestión Económica da Empresa

Xestión Económico-Financeira

9

Obrigatorio

1.º

Xestión e Administración de Recursos Humanos

3

Obrigatorio

1.º

Xestión das Operacións da Empresa

Operacións e Tecnoloxías

3

Obrigatorio

1.º

Xestión Comercial e Márketing

6

Obrigatorio

1.º

Xestión Internacional da Empresa

3

Obrigatorio

1.º

Liderado e Habilidades Directivas

3

Obrigatorio

1.º

Dirección de Empresas e Liderado

Dirección de Empresas

9

Obrigatorio

1.º

Planificación Empresarial

6

Optativo

1.º

Planificación e Desenvolvemento Estratéxico

Desenvolvemento Estratéxico

6

Optativo

1.º

Xestión do Establecemento Comercial

6

Optativo

1.º

Dirección e Xestión da Distribución Comercial

Dirección de Distribución Comercial

6

Optativo

1.º

Dinámica do Sector Inmobiliario

6

Optativo

1.º

Dirección e Xestión de Empresas Inmobiliarias

Estratexia de Empresa Inmobiliaria

6

Optativo

1.º

Dinámica do Sector Alimentario

6

Optativo

1.º

Dirección e Xestión de Empresas Alimentarias

Estratexia de Empresa Alimentaria

6

Optativo

1.º

Dinámica da Industria da Moda

6

Optativo

1.º

Dirección e Xestión de Empresas Téxtiles

Estratexia de Empresa Téxtil

6

Optativo

1.º

Prácticas Externas

15

Obrigatorio

2.º

Prácticas Externas

Traballo Fin de Máster

15

Obrigatorio

2.º

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dirección e Administración de Empresas (MBA), o alumnado deberá superar os 90 ECTS de que consta o máster.

Na variante ofertada para profesionais, a materia Xestión Económico-Financeira do módulo Xestión Económica da Empresa divídese en dúas: Xestión Económico-Financeira I e Xestión Económico-Financeira II. O mesmo sucede coa materia Dirección de Empresas do módulo Dirección de Empresas e Liderado, que se divide en Dirección de Empresas I e Dirección de Empresas II.