Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).
Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011 (publicado no BOE do 16 de marzo de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro de 2011).
Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.
Esta reitoría
RESOLVE:
Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada, que se recolle no anexo a esta resolución.
Vigo, 21 de abril de 2012.
Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo
ANEXO
Máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Rama de coñecemento: Ciencias.
Universidades participantes: A Coruña e Vigo.
Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.
Tipo de materia |
ECTS |
Obrigatorias |
42 |
Optativos |
18 |
Prácticas externas |
18 |
Traballo fin de máster |
12 |
Créditos totais |
90 |
Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.
Materia |
ECTS |
Carácter |
Curso |
Módulo |
Enxeñería Xenética e Transxénese |
4,5 |
Obrigatorio |
1.º |
I. Metodoloxías e Procesos |
Enxeñería Celular e Tisular |
3 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Xenómica e Proteómica |
4,5 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Bioinformática |
3 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Biotecnoloxía Industrial |
6 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Procesos e Produtos Biotecnolóxicos |
3 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Técnicas de Aplicación en Biotecnoloxía |
6 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Organización e Xestión: Xestión Empresarial e Xestión Eficaz do Laboratorio |
4,5 |
Obrigatorio |
1.º |
II. Xestión, Control e Auditoría de Bioempresas |
Auditoría de Empresas Biotecnolóxicas |
4,5 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Aspectos Legais e Éticos en Biotecnoloxía |
3 |
Obrigatorio |
1.º |
|
Biotecnoloxía Alimentaria |
3 |
Optativo |
1.º |
III. Biotecnoloxía Alimentaria e Agropecuaria |
Análise de Alimentos, Seguridade Alimentaria e Rastrexabiliade |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Biotecnoloxía Animal |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sustentable |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Biotecnoloxía Vexetal |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Biotecnoloxía Aplicada ao Desenvolvemento Sostible |
3 |
Optativo |
1.º |
IV. Biotecnoloxía Ambiental |
Contaminación Ambiental |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Tecnoloxía Ambiental e Xestión da Auga |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Tecnoloxía Ambiental e Xestión do Solo e Aire |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Prevención, Xestión e Auditorías Ambientais |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Diagnóstico e Terapia Molecular |
3 |
Optativo |
1.º |
V. Biotecnoloxía Sanitaria |
Reprodución Asistida |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Deseño e Produción de Vacinas e Fármacos |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Deseño de Novos Fármacos Específicos (Farmacoloxía e Farmacoxenómica) |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Ferramentas Biotecnolóxicas para Análise Forense |
3 |
Optativo |
1.º |
|
Traballo Fin de Máster |
12 |
Obrigatorio |
2.º |
VI. Proxecto Fin de Máster |
Prácticas Externas |
18 |
Obrigatorio |
2.º |
VII. Prácticas Externas |
Para a obtención do título de máster universitario en Biotecnoloxía Avanzada, o alumnado deberá superar 72 ECTS obligatorios e optar por unha das especialidades ofertadas, que se corresponden cos módulos III, IV ou V, cursando 15 créditos da especialidade e 3 ECTS para escoller entre as outras especialidades.