Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20198

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Mecatrónica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 (publicado no BOE do 26 de marzo de 2012 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Mecatrónica que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 21 de abril de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Mecatrónica

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorios

36

Optativos

15

Prácticas externas

3

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Análise Elástica polo Método dos Elementos Finitos

3

Obrigatorio

Materias Obrigatorias

Análise Plástica polo Método dos Elementos Finitos

3

Obrigatorio

Deseño de Elementos Mecánicos

3

Obrigatorio

Introdución ao Control de Eixes

3

Obrigatorio

Modelado de Sistemas Mecánicos e Industrialización do Deseño

3

Obrigatorio

Programación Avanzada de Autómatas

3

Obrigatorio

Sensores e Actuadores para Maquinaria

3

Obrigatorio

Simulación de Sistemas Mecatrónicos

3

Obrigatorio

Automatización de Maquinaria

3

Obrigatorio

Enxeñaría de Sistemas para o Desenvolvemento de Maquinaria

3

Obrigatorio

Seguridade nas Máquinas

3

Obrigatorio

Simulación Dinámica MBS de Sistemas

3

Obrigatorio

Aplicacións Avanzadas de Lubricación e Lubricantes

3

Optativo

Materias
Optativas

Comunicacións Industriais

3

Optativo

Enxeñaría de Control Aplicada

3

Optativo

Programación de Sistemas Embebidos

3

Optativo

Técnicas Especiais de Mallado

3

Optativo

Aplicación dos Microcontroladores e Dispositivos Lóxicos Programables en Mecatrónica

3

Optativo

Control Multieixe Sincronizado

3

Optativo

Deseño de Superficies Asistido por Computador

3

Optativo

Electrónica de Potencia para Maquinaria

3

Optativo

Xestión do Ciclo de Vida do Produto: PLM/PDM

3

Optativo

Maquinaria Intelixente: Concepto E-machine

3

Optativo

Sistemas Robotizados

3

Optativo

Técnicas de Análise para a Aplicación en Máquinas e Optimización de Sistemas Mecatrónicos

3

Optativo

Selección de Materiais para Maquinaria

3

Optativo

Prácticas Externas

3

Optativo

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Mecatrónica, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.