Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20201

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 346/2011, interposto por María Jesús García Cruz.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 346/2011, interposto por María Jesús García Cruz, contra a Resolución do 19 de xaneiro de 2011, da conselleira de Facenda, que desestima o recurso de reposición formulado contra a Orde do 4 de novembro de 2010 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1 (DOG n.º 215, do 9 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública