Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20188

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2012 pola que se convoca a Xornada sobre réxime xurídico do solo rústico e solo de núcleo rural.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2012 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia e coa Dirección Xeral de Administración Local, a Xornada sobre réxime xurídico do solo rústico e solo de núcleo rural, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Difundir as novidades lexislativas en materia de urbanismo en relación co réxime xurídico do solo rústico e solo de núcleo rural e analizar a problemática que xera a súa aplicación.

2. Contidos.

Serán tratados, entre outros, os seguintes temas:

– Posibilidades edificatorias en solo rústico.

– Problemática en solo rústico: segregacións, parcelacións, legalizacións.

– Solo rústico e normativa sectorial: distancia a plantacións, augas, patrimonio histórico-artístico.

– Tipificación do solo de núcleo rural.

– A problemática de actuación sobre solo rústico.

3. Destinatarios.

Arquitectos, técnicos das diferentes administracións públicas vinculados co urbanismo e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Esta xornada desenvolverase na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 5 de xuño de 2012.

Duración: 6 horas lectivas, en horario de mañá e tarde.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Solicitudes.

http://www.coag.es/formacion

7. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o luns 4 de xuño de 2012.

8. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento desta xornada, así como a facultade de cancelala se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

9. Certificado de asistencia.

Entregarase un certificado de asistencia, ao final da xornada, a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente, e sempre que a súa asistencia sexa igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán de forma expresa o contido, a data e o lugar de realización desta xornada.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2012.

Pablo Figueroa Dorrego
Director da Escola Galega de Administración Pública