Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 4 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica unha resolución xestionada nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado polo/a interesado/a, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a cal poderá interpoñerse reclamación previa á vía da xurisdición social, ante esta xefatura territorial, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 4 de maio de 2012.

Carmen Bianchi Valcarce
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Vidal Fontán Búa.

DNI: 35478805-V.

Número de expediente: 36/0000299-J/98.

Notificación: resolución de extinción do dereito á prestación social.

Motivo: traslado da residencia fóra do territorio español.