Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/689-1 e tres máis.

Unha vez intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícase a resolución ditada nos expedientes sancionadores correspondentes. Faise saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpor recurso de alzada ante o director xeral de Relacións Laborais, advertindo que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/689-1.

Acta inf. n.º: I152011000157713.

Empresa: Araouane Hogar, S.L.

NIF: B99112740.

Enderezo: rúa José Pascual López (C.C. Espacio Coruña), 15008 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación nas oficinas da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: artigo 11.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 50.1 e 40.1 do dito texto legal (falta grave en grao máximo).

Data da resolución: 13.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle á empresa Araouane Hogar, S.L. unha sanción por importe de tres mil cento vinte e seis euros (3.126 €).

Expediente n.º: RL 2012/71-1.

Acta inf. n.º: I152011000187217.

Empresa: Perforaciones y Excavaciones Noroeste, S.L.

NIF: B15739501.

Enderezo: rúa A Gaiteira, 39, 15009 A Coruña.

Materia: obstrución (incomparecencia á citación nas oficinas da Inspección de Traballo e Seguridade Social).

Normativa infrinxida: Real decreto lexislativo 5/2000.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta grave en grao mínimo).

Data da resolución: 24.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle á empresa Perforaciones y Excavaciones Noroeste, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente n.º: RL 2012/72-1.

Acta inf. n.º: I152012000000670.

Empresa: Catch Tapea, S.L.

NIF: B70220595.

Enderezo: rúa Newton-C.C. Dolce Vita, local 13-15, 15008 A Coruña.

Materia: traballo (impagamento de salarios dos traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 24.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle á empresa Catch Tapea, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

Expediente n.º: RL 2012/195-1.

Acta inf. n.º: I152012000017848.

Empresa: Os Reis, S.L.

NIF: B70269469.

Enderezo: rúa Fernando Macías, 15004 A Coruña.

Materia: traballo (impagamento e atraso reiterado no pagamento de salarios aos traballadores).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 24.4.2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle á empresa Os Reis, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta y un euros (6.251 €).

A Coruña, 7 de maio de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña