Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 24 de maio de 2007 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio), relativa ao expediente TR345B 2007/94-2.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de maio de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR345B 2007/94-2.

Nome: Técnica Gestión y Administración, S.L.

DNI/NIF: B27223916.

Último enderezo coñecido: rúa da Pravia, 48 baixo, 27800 Vilalba (Lugo).

Feito imputado: non manter o número de persoas fixas do seu cadro de persoal, en cómputo anual, durante polo menos tres anos, que se contarán desde o último mes en que se realizan as contratacións.

Precepto infrinxido: artigo 14, punto 5.º da Orde do 24 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.