Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 28 de maio de 2012 Páx. 20348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 4 de maio de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se require documentación aos solicitantes de diversos procedementos xestionados nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59, 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, cos requirimentos de emenda ditados nos procedementos instados polos/as interesados/as, requíreselles para que no prazo de 10 días contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, acheguen os documentos que se indican no anexo; advírteselles de que de non facelo así se producirán os efectos recollidos no citado anexo. No mesmo prazo antes sinalado e de acordo co previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, n.º 9).

A Coruña, 4 de maio de 2012.

Luis A. Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

Dni/Nie

N.º expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Albiol Lozano, Joaquín

18981364Q

65/I/12

Cedeira

DNI e sentenza de divorcio

Desistido

Lousa Romero, Fco. Luis

32306558E

139/X/12

A Coruña

Contradición na convivencia

Desistido

Milos S/S, Stefan

X5128488V

627/I/11

Narón

Padróns de antigüidade e de conviventes e pasaportes do solicitante.

Desistido