Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se lle dá publicidade ao acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento para o expediente de reestruturación e reconversión de viñedo número 36/10/255.

Por non ser posible notificar polo servizo de Correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle mediante este anuncio á interesada, co último domicilio coñecido que se sinala a continuación, o acordo de inicio do procedemento para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda e declarar a perda do dereito ao seu cobramento para o expediente de reestruturación e reconversión de viñedo que se detalla.

A interesada que figura no anexo disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que estime conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: 36/10/255.

Interesada: Nélida Paz Vázquez.

Enderezo: Miñoteira-Valeixe, 36883 A Cañiza, Pontevedra.