Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19888

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar aos membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 2 de maio do 2012, pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012 (DOG do 7),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I a esta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos ou candidatas.

1. As probas celebraranse o día 25 de xuño de 2012 de acordo co seguinte horario:

– Presentación dos candidatos ou candidatas ás 9.30 horas.

– Primeira parte da proba das 10.15 ás 12.15 horas.

– Segunda parte da proba das 12.45 ás 13.45 horas.

2. Centros nos que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– IES Elviña. Polígono de Elviña, 2.ª fase s/n, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao, avda. das Fontiñas, n.º 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo, rúa Padre Feixoo, n.º 14, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

- IES Sánchez Cantón, avda. Raíña Victoria, Pontevedra.

3. Presentación dos candidatos ou candidatas.

a) Os/as candidatos/as deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o centro educativo público no que se atope o seu expediente académico.

b) Para a realización das probas os candidatos ou candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2012.

José Luis Mira Lema
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Presidenta: Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

– Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

– Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.

– Samuel Lago Fernández, inspector de Educación.

– José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

– Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación.

– Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.