Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 25 de maio de 2012 Páx. 19862

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2011 relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia n.º 94, do 18 de maio de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 18726, punto 4.4., primeiro parágrafo, onde di: «As unidades de persoal deberán completar en liña os datos que figuran no espazo reservado para a certificación da unidade de persoal en todas as solicitudes», debe dicir: «As unidades de persoal deberán completar manualmente os datos que figuran no espazo reservado para a certificación da unidade de persoal en todas as solicitudes».

Na páxina 18726, punto 4.4, terceiro parágrafo, onde di: «Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada a través da páxina web polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador»(…), debe dicir: «Será causa de denegación toda solicitude que non veña certificada manualmente polas unidades seguintes de acordo co destino de cada traballador»(…).

Na páxina 18726, punto 4.5, segundo parágrafo, onde di: «Os certificadores verificarán unicamente os datos persoais e profesionais e imprimirán a solicitude para remitir á Dirección Xeral da Función Pública. O/A solicitante si deberá presentar no rexistro a documentación xustificativa debidamente cotexada», debe dicir: «Os certificadores cubrirán unicamente os datos persoais e profesionais. O/A solicitante si deberá presentar no rexistro a documentación xustificativa debidamente cotexada».