Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19776

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Universidade da Coruña, pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial a Ana Belén Porto Pazos.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 20 de febreiro de 2012 (BOE do 6 de marzo de 2012), para a provisión da praza número 12/008, de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións desta universidade, a favor de Ana Belén Porto Pazos, con DNI 79316274-S, e unha vez que a interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Belén Porto Pazos profesora titular de universidade da área de coñecemento de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Departamento de Tecnoloxía da Información e as Comunicacións desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición, perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se producise a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 30 de abril de 2012.

Xosé Luis Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña