María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 400/2011, seguido neste xulgado, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Na Coruña, trinta de marzo de dous mil doce. Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 (reforzo) da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo n.º 400/2011 seguidos por instancia de Luis Alberto Sanjurjo Pazos, asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda contra a empresa El Corte Inglés, S.A., que comparece asistida da súa letrada Sra. Varela Mirás e a Red de Servicios e Implantaciones, S.L., que non comparece; versa a litis sobre reclamación de salarios.
Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Luis Alberto Sanjurjo Pazos, asistido polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra a empresa El Corte Inglés, S.A., que comparece asistida da súa letrada Sra. Varela Mirás e a Red de Servicios e Implantaciones, S.L., que non comparece, debo condenar e condeno as codemandadas a aboaren solidariamente ao demandante a suma de 4.456,95 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.»
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 3 de maio de 2012.
A secretaria xudicial