Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondariz (expediente IN407A 2012/104-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz, n.º 3 baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Aldeana.

Situación: Mondariz.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene R.H.Z.1 de 541 metros de lonxitude, con orixe no C.T. existente Penalonga, en Meirol, e final no C.T. proxectado Aldeana. Centro de transformación de 160 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Aldeana, Sobradelo, Mondariz. R.B.T. aérea de 81 metros con condutor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra