Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/103-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virxe da Luz, n.º 3 baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.T.M., C.T. Chan de Gándara.

Situación: Ponteareas.

Descricións Técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 119 metros de lonxitude, con orixe no apoio 5 da L.M.T.A. subderivación Chan de Gándara e final no apoio 6, do cal continúa subterránea con conductor Hersatene R.H.Z.-1 35 metros ata o novo C.T. proxectado Chan de Gándara. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Chan de Gándara, Padróns, Ponteareas. R.B.T. aérea con condutor R.Z. de 108 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra