Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19815

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica C.T. para nave Galicia Auto Estampación, no concello de Ribadavia (expediente IN407A 2012/11-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Galicia Auto Estampación, S.A.U.

Domicilio social: parque empresarial de Ribadavia, parcela 27-38.

Denominación: C.T. para nave Galicia Auto Estampación.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: C.T. 2 Galicia Auto Estampación, de 1.250 kVA e R/T 20.000/400-230 V, alimentado pola L.M.T. do expediente 2007/135-A.T.

Orzamento: 4.492,58 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolvo:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 10 de maio de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense