Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Mediotec Consultores, S.A. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Óscar Varela López en nome e representación de Mediotec Consultores, S.A., con CIF A-47472782, con domicilio social en Parque Tecnológico de Boecillo, recinto 2, parcela 31, edificio INCOSA 47151, Boecillo (Valladolid) e sede na rúa Rafael Alberti, 9-baixo, 15008 A Coruña, para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes

Feitos:

Primeiro. Mediotec Consultores, S.A. foi acreditada pola ENAC (Entidad Nacional de Acreditación) para as actividades de inspección na área ambiental, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación n.º 195/EI346, do 14 de maio de 2010, e no anexo técnico revisión 4, con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data do 10 de novembro de 2011, Óscar Varela López, en nome e representación de Mediotec Consultores, S.A., presentou escrito solicitando, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguranza industrial, que se lle concedese a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto acompañaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Esta Secretaría Xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE n.º 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE n.º 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE n.º 246, do 14 de outubro; DOG n.º 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG n.º 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG n.º 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de Industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguranza industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Mediotec Consultores, S.A. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Mediotec Consultores, S.A. para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Entidade de inspección tipo C na área ambiental no ámbito de solos potencialmente contaminados e augas subterráneas asociadas.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, que pode ser suspendida ou revogada ademais de nos casos determinados na lexislación vixente cando o sexa a citada acreditación da ENAC.

3. Mediotec Consultores, S.A. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, e debe, en calquera caso, notificar á Administración competente da comunidade autónoma distinta da que o autorizou o inicio da súa actividade.

4. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poda establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que no esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2012.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental