Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 24 de maio de 2012 Páx. 19802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de vixilancia/inspección ambiental de actividades produtoras e xestoras de residuos e control e vixilancia ambiental de puntos limpos de Galicia.

Para os efectos do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 30/2011.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 16925

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de vixilancia/inspección ambiental de actividades produtoras e xestoras de residuos e control e vixilancia ambiental de puntos limpos de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90714500-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 92.640 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto 92.640 euros; importe total 109.315,20 euros.

6. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013, eixe 3, tema prioritario 44.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18.4.2012.

b) Data de formalización do contrato: 26.4.2012.

c) Adxudicatario: Ingenieros Asesores, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto 88.008,00; importe total 103.849,44 euros, IVE (18%) incluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2012.

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG n.º 58, do 23 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas