Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2011/691-1.

Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Faiselle saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberá aboar a multa mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente n.º: RL 2011/691-1.

Acta inf. n.º: I152011000158521.

Empresa: Manipulados Hércules, S.L.

NIF: B15200306.

Enderezo: polígono industrial Coirós, 12, 15165 Bergondo.

Materia: traballo (impagamento e atraso reiterado no pagamento do salario).

Normativa infrinxida: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación co artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 de conformidade co artigo 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta moi grave en grao mínimo).

Data da resolución: 13 de abril de 2012.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Manipulados Hércules, S.L. unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

A Coruña, 27 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña