Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de desistencias e resolucións denegatorias de varias axudas para a promoción do emprego, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 61, do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348A 2011/31-1 e catro máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, n.º 9-1.º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

N.º de expediente: TR348A 2011/31-1.

Nome ou razón social: Ayude Pazos, Luis.

DNI/NIF: 44815132-T.

Último enderezo coñecido: r/ Agro do Medio, 20-2.º A, 15895 Ames (A Coruña).

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 21 de novembro de 2011.

N.º de expediente: TR348A 2011/410-1.

Nome ou razón social: Biundo & Salva, S.L.

DNI/NIF: B70279419.

Último enderezo coñecido: costa Santa María, 15 baixo, 15165 Bergondo (A Coruña).

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 3 de xaneiro de 2012.

N.º de expediente: TR348A 2011/451-1.

Nome ou razón social: Punkt Noll, S.L.

DNI/NIF: B70291794.

Último enderezo coñecido: Río de Quintas, 35, 15009 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: denegar a axuda solicitada.

Data da resolución: 23 de decembro de 2011.

N.º de expediente: TR348A 2011/552-1.

Nome ou razón social: Punkt Noll, S.L.

DNI/NIF: B70291794.

Último enderezo coñecido: Río de Quintas, 35, 15009 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación indefinida inicial.

Contido da resolución: denegar a axuda solicitada.

Data da resolución: 23 de decembro de 2011.

N.º de expediente: TR348B 2011/839-1.

Nome ou razón social: Horno di Marta, S.L.

DNI/NIF: B70121595.

Último enderezo coñecido: estrada de Santa Marta,15-16 baixo, 15165 Bergondo (A Coruña).

Tipo de axuda: transformación dun contrato temporal en indefinido.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 21 de decembro de 2011.