Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19454

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 81/2011, interposto por Isabel Vázquez Purriños.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 81/2011, interposto por Isabel Vázquez Purriños, contra a Resolución do 5 de novembro de 2010, da conselleira de Facenda, que desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 26 de xullo de 2010, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de consolidación de emprego para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, pola que se publican as puntuacións correspondentes á baremación definitiva da fase de concurso (DOG n.º 146, do 2 de agosto).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida dala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública