Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 23 de maio de 2012 Páx. 19453

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de maio de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

Na Orde do 2 de maio de 2012 (DOG n.º 85, do 4 de maio) pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia figura no anexo II co número 658, o posto co código CU.C99.40.101.36001.031 e co número 659 o posto con código CU.C99.40.101.36001.032 (páx. 16.477 do DOG).

O posto número 658 está ocupado con carácter definitivo por un/ha traballador/a laboral fixo desde o 17 de febreiro de 2012, en virtude de Resolución da Dirección Xeral da Función Pública ditada ao abeiro do artigo 7.4 do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

O posto número 659 está ocupado con carácter definitivo por un/ha traballador/a laboral fixo desde 14 de abril de 2011, en virtude de Resolución da Dirección Xeral da Función Pública ditada ao abeiro do artigo 7.4 do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia.

Polo exposto, cómpre excluír do anexo II da Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia os postos:

658

CU.C99.40.101.36001.031

0.00

4(035)

Auxiliar de Arquivos e Bibliotecas

CU

Servizos perifericos

Biblioteca Pontevedra

36001

Segundo convenio

Xornada mañá ou tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación

659

CU.C99.40.101.36001.032

0.00

4(035)

Auxiliar de Arquivos e Bibliotecas

CU

Servizos perifericos

Biblioteca Pontevedra

36001

Segundo convenio

Xornada mañá ou tarde, complemento salarial de singularidade de especial dedicación

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda