Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19355

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Riós

ANUNCIO de información pública sobre construción dunha nave industrial destinada a taller mecánico para reparación de vehículos en San Cristovo.

Domicar4por4, S.L, con CIF número B-32426694, e con domicilio en CN-525 s/n, San Cristovo (Riós), solicitou licenza municipal para construción dunha nave industrial destinada a taller mecánico para reparación de vehículos, na parcela 152 do polígono 194, na zona denominada A Lagoa, CN-525, en San Cristovo, deste municipio. En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e de conformidade co disposto no artigo 36, alínea a), número 5 do Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, do 27 de agosto de 1982, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Riós, 14 de maio de 2012.

Francisco Armando Veiga Romero
Alcalde