Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de contratación da explotación dos servizos de tempada e cesión de material en diversas praias deste concello.

Aprobado o prego unificado de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación do servizo de explotación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar, Canelas e A Lanzada, así como a cesión de material para a explotación dos servizos nas tres primeiras praias, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de explotación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar, Canelas e A Lanzada, así como a cesión de material para a explotación dos servizos nas tres primeiras praias.

A adxudicación realizarase polos seguintes lotes:

– Lote A. Praia de Silgar.

– Lote B. Praias de Baltar e Canelas.

– Lote C. Praia da Lanzada.

2. Duración do contrato: será de catro (4) anualidades, do ano 2012 ao 2015, ambos os dous incluídos, agás para o lote C (praia da Lanzada), que terá a duración dunha (1) anualidade, correspondente ao ano 2012, sen posibilidade de prórroga en ningún caso.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) o seguinte dependendo de cada lote:

Lote A (Silgar).

1. Explotación:

– 70.000 euros (sin IVE).

– 12.600 euros (18 % IVE).

– 82.600 euros (total).

2. Cesión material:

– 32.552,96 euros/ano (sin IVE).

– 5.859,53 euros/ano (18% IVE).

– 38.412,49 euros/ano (con IVE).

Lote B (Baltar y Canelas).

1. Explotación:

– 45.000 euros (sin IVE).

– 8.100 euros (18% IVE).

– 53.100 euros (total).

2. Cesión material:

– 26.061,61 euros/ano (sin IVE).

– 4.691,09 euros/ano (18% IVE).

– 30.752,70 euros/ano (con IVE).

Lote C (A Lanzada):

Sin IVA: 1.000 €.

IVA: 180 €.

Tipo de licitación con IVA: 1.180 €.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que, será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non fose sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 9.ª e 10.ª dos pregos respectivos.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 11.ª, 12.ª e 13.ª dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Garantías: provisoria non se precisa. Garantía definitiva do 5% do importe total do prezo total da licitación, incluídos, de ser o caso, o prezo de explotación e da cesión do material polas catro anualidades do contrato, excluído o IVE.

10. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 15 de maio de 2012.

Catalina González Bea
Alcaldesa