Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal en execución de sentenza (expediente 13312/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 26 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual n.º 7 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, relativa á definición de aliñacións no camiño de Balsa (Matamá), redactada polos servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, en execución da sentenza 00025/2011, do 13.1.2011 (P.O. 0004653/2008), da Sala do Contencioso-Administrativo (sección 2.ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segundo. Para os efectos do artigo 77.2 da LOUGA, determinar expresamente que a área afectada pola modificación comprende exclusivamente as parcelas lindeiras coa vía do Camiño de Balsa, do cal se trazan as aliñacións, de referencias catastrais 54057A088003480000AI, 54057A088003520000AJ, 1320801NG2712S0001OD e 1320819NG2712S0001YD.

Terceiro. Abrir un trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante a inserción de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, e dar audiencia simultaneamente durante o mesmo prazo aos municipios limítrofes.

Ao mesmo tempo, solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios; en particular, da Consellería de Economía e Industria tocante aos datos reflectidos no Rexistro Mineiro de Galicia.

Cuarto. Dar traslado do presente acordo á Sala do Contencioso-Administrativo (sección 2.ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para o seu coñecemento.

Vigo, 17 de abril de 2012.

María del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos e Grandes Proxectos