Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de información pública sobre taller de maquinaria agrícola no parque empresarial de Xinzo de Limia.

Tail Maquinaria, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para actividade de nave dedicada a taller de maquinaria agrícola sita na parcela n.º 12 do parque empresarial de Xinzo de Limia. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría do concello, persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as observacións que xulguen oportunas.

Xinzo de Limia, 22 de febreiro de 2012.

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde