Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19354

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación de vacún de leite en Boimil (Xesteda) (clave MAS/620 2009).

José Antonio Rama Cerqueiro, actuando en nome e representación de SAT Cubano 1039 Xuga, solicitoulle a esta alcaldía unha licenza de obra e de actividade para un proxecto denominado ampliación de explotación de vacún de leite, localizado no lugar de Boimil número 11 (Xesteda) (clave de MAS/620 2009).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinala na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de vinte (20) días comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 23 de xaneiro de 2012.

José García Liñares
Alcalde