Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 26 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fan públicas dúas resolucións, unha revogatoria e outra de desistencia, de axudas para a contratación de traballadores con discapacidade, reguladas na Orde do 18 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 30 de marzo) relativa aos expedientes TR343A 2011/108-1 e TR343A 2011/174-1.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, n.º 9-1.º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 26 de abril de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

N.º de expediente: TR343A 2011/108-1.

Nome ou razón social: Nuran Susler.

DNI/NIF: Y1455316M.

Último enderezo coñecido: r/ Bautizados, 8 baixo, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Tipo de axuda: contratación temporal.

Contido da resolución: revogar a axuda concedida.

Data da resolución: 31 de decembro de 2011.

N.º de expediente: TR343A 2011/174-1.

Nome ou razón social: Karutita, S.L.

DNI/NIF: B701303680.

Último enderezo coñecido: r/ Emilio González López, 38-1.º B, 15011 A Coruña.

Tipo de axuda: contratación indefinida.

Contido da resolución: declarar a desistencia da súa solicitude.

Data da resolución: 27 de decembro de 2011.