Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Carreiras/presa no concello de Muíños (expediente IN407A 2012/8-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle, Ourense.

Denominación: L.M.T.,C.T. e R.B.T. Carreiras/presa.

Situación: Muíños.

Características técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 275 m, con condutor R.H.Z.1. e con orixe na L.M.T. do expediente 2008/209 e remate no C.T. proxectado prefabricado rural e R/T 20.000/400-230 V. R.B.T. aerosubterránea de 20 m, en aéreo con condutor R.Z. e 130 m en subterráneo con condutor X.Z.1 derivada do C.T. proxectado Carreiras/presa. Orzamento: 103.712,27 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 24 de abril de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense