Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19323

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2012/80-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz n.º 3-baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T., C.T. Maderfri.

Situación: Ponteareas.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene de 146 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES00752 (paso aerosubterráneo) e final no C.T. proxectado Maderfri. Centro de transformación de 630 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado na Lomba, Areas, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de abril de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra