Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 51/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.A.T. Morás-Sabón-Eirís.

Situación: concello de Arteixo.

Características técnicas:

Desmontaxe do tramo aéreo existente entre os apoios 30 e 34 da liña aérea a 66 kV Sabón-Eirís (tramo da antiga L.A.T. 66 kV Tambre-Carballo-A Coruña, expediente 10.167)

Instalación baixo o trazado da liña aérea do apoio PAS 30A e retensamento dos condutores entre este apoio PAS e o apoio existente n.º 29.

Instalación baixo o trazado da liña aérea dun novo apoio 34 de ancoraxe, e retensamento dos condutores desde este novo apoio ata o apoio existente n.º 35.

Instalación baixo o trazado da liña aérea do apoio PAS 34A e tendido dos condutores entre este apoio PAS e o novo apoio n.º 34.

Liña de alta tensión subterránea a 66 kV, cunha lonxitude de 2.263 metros (situación provisional) e 2.240 metros (situación definitiva), coa orixe no apoio PAS 30A e final no apoio PAS 34A, condutor tipo R.H.Z.1. 36/66 kV 1×630 mm² Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2.º andar. 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de abril de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña