Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 22 de maio de 2012 Páx. 19286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de novembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Gallega de Molienda de Clinker, S.L.U. para a instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento localizada no polígono industrial de Pedrapartida, concello de Coirós, A Coruña (clave do expediente de renovación 2011-IPPC-M-50).

Con data do 28 de xuño de 2007 concedeuse a Gallega de Molienda de Clinker, S.L.U. a autorización ambiental integrada número 2003/0321_AIA/IPPC_001 para a instalación de moenda, almacenamento e expedición de cemento localizada no Polígono Industrial de Pedrapartida, no concello de Coirós (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que transcorrido o prazo de vixencia da autorización esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado «Proxecto de renovación de autorización ambiental integrada de Gallega de Molienda de Clinker, S.L.U.» co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela).

• Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (praza Luís Seoane, s/n. 15008 A Coruña).

• Concello de Coirós (Coirós de Arriba, 16. 15316 Coirós).

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental